
Na páxina Xeodestino Ancares terra de Burón recolle a información da Semana Santa 2024 que vén este ano cargada de novidades grazas á creación da Cofradía do Cristo dos Ancares, que recuperará procesións perdidas hai xa catro décadas e porá en marcha outras iniciativas novidosas coma o pregón ou tamborradas por todos os pobos da bisbarra. A cofradía, creada recentemente e xa cuns 50 cofrades, foi impulsado polas asociacións As Candelas, Zoela e Abrente, coa coordinación do párroco de Becerreá, D. José Río, que ademais é o primeiro presidente do colectivo.

