








O día de Nadal un grupo de nenas e nenos fixeron unha representación do Amor infinito de Deus pola humanidade: o nacemento de Xesús









O día de Nadal un grupo de nenas e nenos fixeron unha representación do Amor infinito de Deus pola humanidade: o nacemento de Xesús

Para pensar e decidir:
Coloca o Belén na túa casa porque:
•Un fogar é un lugar de vida e alí debe reinar a Vida.
•Representa a parte máis entrañable da relación de Deus coa humanidade.
•É unha oración meditativa.
•Ensina os valores dunha familia.
•Contemplando a Deus Neno, desaparecen todos os medos que nos impiden camiñar.
Entra na cova de Belén, desfaite de toda vaidade e soberbia e deita como Xesús no pesebre.
Entón poderás ver a grandeza de Deus sen os lazos, apegos e outros trastornos que escurecen a túa visión.
Recupera o Nadal cristián e os seus valores: pon o Belén na túa casa…!!!

Como preparación para o Nadal asistimos á bendición do Belén dos Ancares e ao concerto de Rubén de Lis.
