Bo Nadal

Para pensar e decidir:

Coloca o Belén na túa casa porque:

•Un fogar é un lugar de vida e alí debe reinar a Vida.

•Representa a parte máis entrañable da relación de Deus coa humanidade.

•É unha oración meditativa.

•Ensina os valores dunha familia.

•Contemplando a Deus Neno, desaparecen todos os medos que nos impiden camiñar.

Entra na cova de Belén, desfaite de toda vaidade e soberbia e deita como Xesús no pesebre.

Entón poderás ver a grandeza de Deus sen os lazos, apegos e outros trastornos que escurecen a túa visión.

Recupera o Nadal cristián e os seus valores: pon o Belén na túa casa…!!!